O Proxecto "Nomes e Voces" colabora na exposición  "Cartografías silenciadas"

O Proxecto "Nomes e Voces" colabora na exposición "Cartografías silenciadas"

O Proxecto "Nomes e Voces" colabora na exposición fotográfica "Cartografías silenciadas" da artista Ana Teresa Ortega (Alacante, 1952), inaugurada no Auditorio de Galicia.

A mostra, comisariada por Chus Martínez Domínguez, acolle máis de setenta fotografías de espazos de represión franquista: campos de concentración, colonias penitenciarias militarizadas e lugares de morte, abertos entre 1936 e 1962. O carácter itinerante da mostra coproducida polo Auditorio de Galicia e a Universitat de València, levou a esta mostra ás cidades de Barcelona, Valencia e Gernika, recalando en Compostela como peche, e coa particularidade de reunir todas as pezas producidas da serie.

A exposición, conta ademais co apoio documental de documentos orixinais e reproducidos pertencentes a distintos arquivos públicos e privados do Estado, destacando a información provinte de fondos galegos. O Proxecto "Nomes e Voces" proporcionou diferentes imaxes relacionadas cos campos de represión de Rianxo, San Simón e Oia.

A exposición permanecerá no Auditorio de Galicia até o 20 de novembro.

Gardado en Noticias 28 de xullo de 2011 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez