O Proxecto "Nomes e Voces" colabora coa CRMH na homenaxe ás vítimas do franquismo na Coruña

O convenio de colaboración entre o Proxecto de Interuniversitario “Nomes e Voces” e a Comisión de Recuperación da Memoria de A Coruña (CRMH), ten por obxectivo subministrar o nome dos mortos ocasionados pola represión franquista entre 1936-1977 dos concellos de A Coruña, Betanzos, Culleredo, Oleiros, Arteixo, Cambre, Bergondo, Abegondo, Carral e Sada.

Para este fin, constituíuse un equipo de traballo composto polos investigadores-historiadores Dionisio Pereira, Carlos Velasco, Eliseo Fernández e Emilio Grandío. Como resultado entregouse, por parte do Proxecto "Nomes e Voces" á CRMH, 593 nomes de vítimas mortas polo franquismo destes concellos.

Destas vítimas, están excluídos os mortos partidarios dos golpistas e outras mortes violentas non relacionadas coa represión. Estas 593 vítimas son 565 nomes e 28 descoñecidos. En canto a xénero son 583 homes e 10 mulleres. Nesta listaxe tivéronse en conta os mortos executados trás consello de guerra e aplicación do bando de guerra e os mortos extraxudiciais. A isto sumáronselle os desaparecidos con presunción de morte.

Os criterios para a confección desta listaxe son: veciños da zona mortos nestes concellos, os naturais da zona mortos fora dos concellos –Galicia, España, campos de concentración de Francia e Alemaña-, e todas as persoas de fóra destes 10 concellos que foron asasinadas neles.       A metodoloxía utilizada foi o baleirado de rexistros civís de defuncións, rexistros de cemiterios, consellos de guerra, fontes orais e fontes bibliográficas locais e xerais –Memorial de Mathausen, e toda a bibliografía existente relativa á guerrilla, por exemplo-.      Foi este un traballo do equipo de “Nomes e Voces” contando coa inestimable colaboración de historiadores e investigadores locais e asociacións de recuperación da memoria: Xesús Torres, Manuel Pérez Lorenzo, Carlos Pereira e a Asociación Cultura Aberta de Carral.

Gardado en Noticias 28 de abril de 2010 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez