O Proxecto "Nomes e Voces” membro da RedAIEP

O Proxecto "Nomes e Voces” membro da RedAIEP

O Proxecto de Investigación Interuniversitario “As vítimas, os nomes, as voces e os lugares” ven de ser incluído na "Red de Archivos e Investigadores de la Escritura Popular" (REDAIEP). Dita entidade, dirixida polo profesor Antonio Castillo Gómez, conforma un grupo de traballo que ten como principios fundamentais a conservación, o estudo e a difusión dos escritos de autoría anónima e popular, integrada tanto por arquivos como por investigadores. Deste xeito, o Proxecto de Investigación dirixido polo catedrático en Historia Contemporánea, Lourenzo Fernández Prieto, pasa a formar deste grupo de traballo estatal pola súa contribución ao estudo, conservación e difusión deste tipo de material tanto co traballo desenvolto coa fonte oral como documental, áreas nas que veñen desenvolvendo un importante traballo nos últimos tres anos en relación á investigación da guerra civil e a represión franquista en Galicia.

O que se pretende desde o proxecto é a construción dun fondo de entrevistas e a recuperación de documentos para poñelos á disposición da cidadanía. Respecto a estes últimos, son varias as tipoloxías coas que se contan: documentos privados e públicos, gráficos, textuais e incluso audiovisuais, recollidos fundamentalmente mediante as máis de catrocentas entrevistas que o equipo de investigadores realizaron a represaliados e familiares tanto en Galicia como no exterior.

Red de Archivos e Investigadores de la Escritura Popular >>

Gardado en Noticias 27 de xaneiro de 2009 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez