O Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces" presentarase na Residencia Universitaria Monte da Condesa

O Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces" presentarase na Residencia Universitaria Monte da Condesa

Hoxe ás 20.00 horas, o Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces" será presentado na Residencia Universitaria Monte da Condesa, edificio no que desde hai catro anos, o Proxecto desenvolve a súa actividade diaria.

A conferencia será pronunciada polo seu director, o Catedrático en Historia Contemporánea pola USC Lourenzo Fernández Prieto. Xunto a el, tamén estarán presentes os investigadores do equipo de traballo do Proxecto: Andrés Domínguez Almansa, doutor en Historia Contemporánea, Gustavo Hervella García, licenciado en Historia Contemporánea,  Chus Martínez, licenciada en Historia da Arte, Xurxo Pantaleón, licenciado en Historia Contemporánea e Antonio Somoza Cayado, licenciado en Humanidades.

Esta presentación é unha iniciativa da Residencia Universitaria Monte da Condesa, dirixida por Francisco Orge Ventín.

Ver galería de imaxes

Gardado en Noticias 25 de marzo de 2011 | sen comentarios
Etiquetado como Páxina Web, Base de datos, Investigación, Historia, Educación

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez