O Proxecto dixitalizará  cartas dunha "madriña de guerra"

O Proxecto dixitalizará cartas dunha "madriña de guerra"

O proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes e as voces" vai aumentar o seu fondo documental coa dixitalización duns importantes documentos que permitirán achegarse á realidade da guerra civil a través das cartas enviadas a unha “madriña de guerra”. Estas cartas, que pertencen á familia Gemma Cestay-García Cuervo, referencia a correspondencia establecida entre o combatente Ignacio López e a súa “madriña de guerra”, Ignacia Cestay, nada en 1920 e morta en 1943.

Os documentos compóñense de aproximadamente 60 cartas manuscritas onde o autor vai narrando o cotián da súa situación nos diferentes frontes da guerra.

Estes documentos de valor histórico destacado, son propiedade da devandita familia, que xa colaborara co Proxecto mediante a concesión dunha entrevista por parte de José García Cuervo, fillo dun militar republicano, Antonio García, natural de Cartaxena e deportado a Pontevedra a finais da guerra.

Con este traballo, o Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes e as voces" porá á disposición da cidadanía uns documentos de relevante valor histórico.

Gardado en Noticias 30 de outubro de 2008 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez