O Profesor Carlos Closa debate sobre a memoria na USC

O Profesor Carlos Closa debate sobre a memoria na USC

Os días 15 e 16 de setembro, o Profesor Carlos Closa participará en distintas actividades académicas en Santiago de Compostela, convidado polo Departamento de Historia Contemporánea e de América e o Proxecto 'Nomes e Voces'.

O xoves día 15 ás 20.00 horas impartirá unha conferencia na Sede Fundación novacaixagalicia-Claudio Sanmartín (Rúa do Vilar, 19)  baixo o título de: "Demandas de reconocimiento: La UE y la memoria histórica".

Ademais, está prevista a celebración dun Seminario o venres día 16 ás 11.00 horas na Facultade de Xeografía e Historia, a cargo do profesor Closa no que participarán o Grupo de investigación do CSIC "Laboratorio de Patrimonio"; o Grupo HISTAGRA do Departamento de Historia Contemporánea e de América da Facultade de XªeHª; o equipo de Investigación do Proxecto Interuniversitario 'Nomes e Voces' e os membros do Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC.

No traballo titulado Negotiating the past: claims for recognition and policies of memory in the EU, editado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) en 2010 (Documento de trabajo [Instituo de Políticas y Bienes Públicos (IPP)] 2010-8), Carlos Closa reflexiona acerca das políticas de memoria na Unión Europea, citando no mesmo en distintas ocasións, ao traballo desenvolvido polo Proxecto 'Nomes e Voces' en relación a este debate.

Carlos Closa (Consejo Superior de Investigaciones Científicas), é Doutor en Ciencias Políticas pola Universidad de Hull (Reino Unido) e Licenciado en Sociología y CC Políticas, UCM 1987.

Podes consultar o seu CV completo no documento adxunto.

Gardado en Conferencias 8 de setembro de 2011 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez