O fondo de entrevistas do Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes e as voces"

O Proxecto de Investigación Interuniversitario ten realizado, até xullo de 2008 un total de 347 entrevistas a represaliados polo franquismo ou aos fillos que teñan memoria do que lles sucedeu a seus pais.

A metodoloxía seguida para a súa realización contempla a documentación individualizada de cada unha das entrevistas, seguida da realización dun guión personalizado e aberto, que é empregado no transcurso da gravación como unha guía –nunca como un cuestionario pechado-, co obxectivo de conseguir un repaso á traxectoria vital do entrevistado en relación ao feito estudado, no noso caso a guerra civil e a represión en Galicia, e da memoria transmitida sobre ese feito. Trátase ademais de estimular o relato espontáneo sempre que este se produza e de empregar o guión previo para apoiar e ampliar ese relato.

A distribución territorial é: 103 na provincia da Coruña, 44 en Lugo, 36 en Ourense, 135 en Pontevedra, 17 na Arxentina, 2 en Asturias, Barcelona e Cuba, 1 en Girona e 5 en Uruguai. Delas, 193 son a homes e 154 a mulleres.

Nos próximos meses seguirase con esta tarefa, con entrevistas programadas en varios concellos de Galicia, amais de en Madrid, Barcelona e Asturias. A temática seguirá sendo, fundamental aínda que non unicamente, a da represión da guerra civil e a experiencia vital das persoas durante a ditadura franquista. Así mesmo, a Asociación de veciños Minas de Brea (Vila de Cruces) púxose en contacto cos investigadores do proxecto para que este realizara unhas xornadas sobre a Fonte Oral.

Gardado en Noticias 24 de abril de 2008 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez