O CGAC presenta a película "Flores Tristes" no ciclo "Xeiras polo real"

O CGAC presenta a película "Flores Tristes" no ciclo "Xeiras polo real"

O vindeiro venres, día 16 de xaneiro, proxectarase no CGAC o documental "Flores Tristes" das produtoras Formateo, Pórtico S.L. e TVG, dirixido polo realizador Manuel Abad.

Dita proxección enmarcarse no ciclo titulado "Xeiras polo real", que terá lugar en Santiago de Compostela do 13 ao 17 de xaneiro no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Este último traballo do realizador coruñés, escolle as flores que nacen nas cunetas como poético fio condutor dunha achega á represión franquista acontecida en Galicia, mediante as testemuñas de vítimas e familiares, atendendo a algunhas recreacións que evidencian e ilustran ese terrible episodio da historia galega.

Para a elaboración de dita langometraxe, contou coa colaboración do Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares" dirixido polo I.P. Lourenzo Fernández Prieto, que puxo ao servizo da produtora o material gráfico e sonoro preciso para documentar os diferentes episodios desa cruenta represión, proporcionando unha parte dos nomes desas vítimas que conforman a base de datos do Proxecto e que no documental teñen unha importante presenza. Así mesmo, o Proxecto prestou ao documental moitas das fotografías que aparecen na cinta, e que integran unha base na que recóllense un importante número de fondos gráficos cedidos por familiares e colectivos, así como algún material audiovisual.

Flores tristes>>

Programa do ciclo>>

Gardado en Noticias 16 de xaneiro de 2009 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez