O Álbum da memoria de Camilo de Dios

O Álbum da memoria de Camilo de Dios

Grazas á solidariedade do sindicato de electricistas noruegués Elogit, a Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica (ARMH) dispuxo dos fondos necesarios para exhumar o cadaver do guerrilleiro galego Perfecto de Dios, abatido pola Garda Civil e enterrado nunha fosa en Chaherrero (Ávila). Perfecto de Dios tiña 19 anos cando foi morto o 16 de maio de 1950. Xunto coa súa nai, Carmen Fernández, e outros dous guerrilleros antifranquistas intentaba enlazar con outras unidades guerrilleiras na procura de axuda para exilarse. 

O seu irmán, Camilo de Dios, membro tamén da II Agrupación guerrilleira, daquela preso no cárcere de El Dueso en Cantabria soubo da morte por unha carta de súa nai igualmente presa. Coa recuperación do cadáver de Perfecto de Dios queremos recuperar a memoria de Camilo de Dios coa edición dun álbum procedentes do fondo fotográfico que en 2006 entregou ao arquivo de Nomes e Voces.

A nova da exhumación do cadáver de Perfecto de Dios en El PaísEl Plural e Praza Pública.

Álbum da memoria de Camilo de Dios.
Gardado en Homenaxes 30 de xullo de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como Memoria, Represión, Foxas

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez