Novo monográfico de 'Nomes e Voces': "Franquismo e represión de xénero en Galicia"

O Proxecto "Nomes e Voces" ven elaborando nos últimos tempos monográficos acerca de temas de interese relacionados coa represión franquista. Nestes especiais afóndase dun xeito científico, didáctico e visual, sobre unha cuestión que abrangue moi diversos ámbitos: exposicións, publicacións e estudos científicos.

O último monográfico que presentamos:Franquismo e represión de xénero en Galicia pretende investigar a represión física exercida contra as mulleres galegas na guerra civil e a súa participación na resistencia antifranquista desde o final da confrontación armada até a desaparición da loita guerrilleira. Esta investigación lévase a cabo grazas á concesión dunha subvención á investigación do Ministerio de Presidencia do Goberno de España, segundo a convocatoria do BOE nº 83 do 7 de abril de 2011, que cristalizou na publicación Franquismo y represión de género en Galicia (Catarata, 2013) na que participaron os historiadores Julio Prada Rodríguez (ed.) e María Concepción Álvarez Gómez, Beatriz Nieto Outumuro, Xoel Díaz Alonso, Alejandro Rodríguez Gutiérrez e na que tamén colaborou o propio Proxecto Nomes e Voces.

Gardado en Especiais 27 de marzo de 2013 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez