“Nomes e Voces” presente na XVI Conferencia de Historia “Entre o Pasado e o Futuro: Comprensión da Historia e Memoria Oral”

“Nomes e Voces” presente na XVI Conferencia de Historia “Entre o Pasado e o Futuro: Comprensión da Historia e Memoria Oral”

O Proxecto de Investigación “Nomes e Voces” está presente na XVI Conferencia de Historia “Entre o Pasado e o Futuro: Comprensión da Historia e Memoria Oral”, que ten lugar en Praga, República Checa, do 7 ao 11 de xullo de 2010. (http://www.ioha2010prague.cz/)
A Asociación Internacional de Historia Oral (http://www.iohanet.org/espa/index.html) é un foro para os historiadores orais de todo o mundo que ten por obxecto promover a comunicación internacional, proporcionando un medio para a cooperación entre os interesados na documentación e interpretación da experiencia humana. IOHA alenta a investigación que utiliza as técnicas de historia oral e promove o desenvolvemento de normas e principios para a recollida e conservación das historias orais. IOHA busca fomentar unha mellor comprensión da natureza e o valor democrático da historia oral de todo o mundo.
A historia oral é unha metodoloxía en expansión dentro da Historia; as novas tecnoloxías e os puntos de vista innovadores sitúana entre os enfoques máis dinámicos á hora de reconstruír o pasado. Este congreso, organizado pola OIHA, pretende achegar ás experiencias de traballos en historia oral ao mundo académico. Entre as premisas de “Nomes e Voces” está o de posta en valor dos testemuños dos protagonistas da represión franquista, a través de estudos que se basean nas fontes orais e, así mesmo, fomentar a conservación e arquivo dos mesmos.
Neste congreso o proxecto de Investigación presenta dúas comunicacións. A primeira está elaborada por Lourenzo fernández prieto, Antonio Somoza Cayado e Andrés Domínguez Almansa co seguinte título: “Qué le pasó a papá?: 1936. El poder de la memoria” onde se reflexiona sobre como sobreviviu e se desenvolveu a memoria dun feito traumático como a represión levada a cabo en Galicia tralo golpe de Estado que desencadea na guerra civil española. Trátase dun estudo da memoria que se transmitiu a unha xeración nacida ao compás destes acontecementos, facendo unha análise do que se esqueceu e que funcións, máis alá do ámbito do persoal, cumpriu. A segundo está asinada de novo por Lourenzo Fernández Prieto xunto a Xurxo Pantaleón Cadilla e Emilio F. Grandio Seoane co título “El Programa de Fuentes Orales del Proyecto Nomes e Voces”. O que se pretende con este escrito é presentar o traballo con fontes orais do proxecto de investigación: obxectivos xerais da investigación e integración da fonte oral, traballo de campo, tratamento de arquivo dos materiais audiovisuais, investigación, tecnoloxía dixital e web.

Por primeira vez a OIHA reúnese na Europa do leste, Praga. Segundo os responsables do congreso: “ Pensamos que a historia recente da República Checa pode ofrecernos novas perspectivas para indagar sobre o pasado e darnos elementos para comprender o futuro”.

Gardado en Noticias 9 de xullo de 2010 | sen comentarios
Etiquetado como Memoria, Investigación, Historia

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez