A edición de publico.es do 15 de marzo acolleu unha reportaxe sobre a represión en que o xornalista Alejandro Torrús López titulou «Galicia, radiografía dun exterminio». Torrús apoiándose na información recollido en nomesevoces.net e declaracións de investigadores da memoria histórica como Federico Cocho e Miguel Freire ou de parentes de represaliados como Esther García.
Sinala Alejandro Torrús que «en Galicia non houbo Guerra Civil entre 1936 e 1939. Pero si un exterminio sistemático da poboación fiel á República. En tan só tres anos foron asasinados 4.699 cidadáns galegos. Sete de cada dez (3.233) foron executados nos chamados paseos franquistas. O resto, 1,466, foron asasinados mediante a execución dunha sentenza de morte. Un auténtico exterminio nunha zona onde a guerra non durou máis qu un días». O xornalista fai súa a conclusión de Nomes e Voces: «Non se trata, logo, dun ataque a unha posible revolución […], senón de acabar cun sistema no que cobra o protagonismo principal a participación cidadá nun escenario tendente á modernidade e o progreso».
O colaborador de Público repasa os casos de Manuel Díaz González, médico do Incio, Bruno Martínez, xornaleiro veciño de Ribadeo, ou Julio Sanz Martín, de 35 anos, nacido na Coruña e enfermeiro-practicante da Marina.
A nova en publico.es: «Galicia, radiografía dun exterminio».