«No libro falo de aqueles que me viñeron buscar para matarme»

 "Antonio Nieves non vai poder presentar mañá o seu libro de memorias no seu Escairón natal. Era o acordado, pero a directiva do Círculo Saviñao decidíu aprazar o acto ata mellor ocasión, en vista do malestar que provocou en familias dos aludidos nas pasaxes de Una lucha incansable que falan da represión posterior ao golpe militar de 1936. Antonio Nieves, tamén coñecido no Saviñao polo alcume de Narote, gardaba por escrito todo un listado de acontecementos, datas, lugares e tamén dos nomes de quen como el foron vítimas e máis dos que considera que exerceron de verdugos. Ese é o problema, que o libro lle pon nome e apelidos a veciños que participaron dun ou doutro xeito nas persecucións políticas dos anos máis duros da ditadura. El asegura que non lle importan as críticas. E está convencido de que vai poder presentar o libro. Aos seus 96 anos espera que sexa pronto, pero di estar tranquilo. «Xa se fará, non hai présa», asegura." (Fonte: Carlos Cortés, La Voz de Galicia)

Segue a nova na nosa sección de prensa xeral

Gardado en Noticias 7 de outubro de 2010 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez