Morre o historiador Julio Aróstegui

Morre o historiador Julio Aróstegui

Morreu en Madrid Julio Aróstegui (Granada, 1939), Catedrático emérito da Universidad Complutense e un dos máximos especialistas sobre a Guerra Civil e Historia Contemporánea española, membro do Consejo Asesor de "La Aventura de la Historia". Aróstegui estaba considerado como un dos máximos especialistas sobre a Guerra Civil e a Historia Contemporánea española. Acababa de publicar o seu último libro: "Largo Caballero. El tesón y la quimera" (Debate), biografía sobre o histórico dirixente do Partido Socialista Obrero Español e a Unión General de Trabajadores.

Autor e coautor de decenas de obras, Aróstegui traballou ademas minuciosamente épocas e movementos como o Carlismo (a súa tese doutoral versou sobre os carlistas en Álava), a Transición e a violencia política. Catedrático emérito de Historia Contemporánea da Universidad Complutense de Madrid, era membro do Consello Asesor da revista La Aventura de la Historia y presidente honorífico da Cátedra Memoria Histórica do século XX. En 1981 foi galardoado co Premio Nacional de Historia.

Recentemente colaborou co Proxecto "Nomes e Voces" participando no Coloquio Internacional Memoria de guerra e Cultura de paz no século XX.

Noticias relacionadas:

Muere Julio Aróstegui, La Aventura de la Historia

Julio Aróstegui: «Largo Caballero ha sido tratado injustamente por la historiografía», La Voz de Galicia

Gardado en Noticias 30 de xaneiro de 2013 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez