«Memoria da historia, historia da memoria», conferencia de Anxo Loureiro, martes 20 de maio

«Memoria da historia, historia da memoria», conferencia de Anxo Loureiro, martes 20 de maio

Mañá martes, día 20 de maio, o grupo HISTAGRA celebra unha nova conferencia do ciclo «Pasados incómodos: Guerra, memoria, historia» coa intervención de Anxo Loureiro, profesor do Department of Spanish and Portuguese Languages and Cultures da Princeton University, que presentará un relatorio que leva por título «Memoria da historia, historia da memoria».

Anxo Loureiro é doutor e docente de literatura contemporánea española, cine e teoría crítica no Department of Spanish and Portuguese Languages and Cultures da Princeton University do que é director. Anteriormente foi profesor na Massachusetts-Amherst University e estivo, como profesor visitante, no Amherst College e na Harvard University.

Gardado en Conferencias 19 de maio de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como Memoria, Historia

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez