Membros do equipo de Investigación do Proxecto “Nomes e Voces” realizarán cursos de formación ao redor de distintas áreas de coñecemento

Varios membros do equipo de Investigación do Proxecto “Nomes e Voces” realizarán nas vindeiras semanas cursos de formación ao redor de distintas áreas de coñecemento. Así, o investigador Antonio Somoza Cayado asistirá en Girona ao Seminario de Historia "L'ofici d'historiador" que organiza a Cátedra Ferrater Mora de Pensament Contemporani, do 15 ao 19 de xuño. O Seminario, ideado para debater ao redor da figura do investigador no contexto contemporáneo, contará coa asistenza de Josep Fontana, doutor en Historia pola Universidad de Barcelona, como profesor invitado.

Por outra banda, Chus Martínez, responsable das relacións externas do Proxecto, asistirá en Madrid ao curso científico titulado “Museos científicos y web en la Universidad del siglo XXI” que organiza a Universidade Complutense do 20 ao 25 de xullo, nunha nova edición dos Cursos de verán do Escorial; as intervencións estarán centradas na problemática que as universidades teñen por mor da conservación e exhibición do patrimonio e da necesidade de reflexionar sobre o seu futuro e posibles utilidades. O curso pretende abordar todos os perfís do tema: o senso e os fins dos museos e coleccións científicas, a súa conservación e alternativas virtuais de difusión, así como o emprego do patrimonio como identidade institucional ou profesional e a súa utilidade como ferramenta docente ante o novo marco da docencia universitaria.

Gardado en Noticias 13 de xuño de 2009 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez