Lourenzo Fernández Prieto participará no Coloquio «Castelao en Nova York» o próximo 25 de abril

Lourenzo Fernández Prieto participará no Coloquio «Castelao en Nova York» o próximo 25 de abril

O próximo venres día 25 de abril, o Coordinador do Grupo HISTAGRA, Lourenzo Fernández Prieto, participará no coloquio Castelao en Nova York, organizado polo Centro Xoán González Millán de Estudos Galegos do Graduate Center, City University of New York  (CUNY), a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

O relatorio de Lourenzo Fernández Prieto ten por título «Castelao e a memoria do galeguismo republicano». Xunto a el participarán Henrique Monteagudo (Universidade de Santiago de Compostela e Real Academia Galega) coa conferencia  «“Eu son fillo d-unha Patria descoñecida”. O Libro II de Sempre en Galiza e Castelao nos Estados Unidos» e Miguel Anxo Seixas Seoane (Fundación Castelao) co relatorio «Castelao en e dende Nova Iorque». As sesións estarán moderadas por Álex Alonso, membro do Brooklyn College e Graduate Center da CUNY. 

O coloquio enmárcase nas actividades culturais que, desde hai anos, se levan a cabo a través do Program in Hispanic and Luso-Brazilian Literatures and Languages e o The Graduater Center da City University of New York (CUNY) que dirixe José del Valle.

Gardado en Conferencias 21 de abril de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como II República

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez