Los Libros de la Catarata publica 'Otras miradas sobre golpe, guerra y dictadura', volume colectivo dirixido por Lourenzo Fernández Prieto e Aurora Artiaga Rego do Grupo HISTAGRA.

Los Libros de la Catarata publica 'Otras miradas sobre golpe, guerra y dictadura', volume colectivo dirixido por Lourenzo Fernández Prieto e Aurora Artiaga Rego do Grupo HISTAGRA.

A preocupación nuclear de Otras miradas sobre golpe, guerra y dictadura atópase no fío deste relato: Sabemos pouco do pasado e boa parte do que sabemos é mentira. Temos unha inmensa memoria dun pasado incómodo. Que facer con esa memoria era o que non sabía a xeración da Transición. Revisitar ese pasado é o labor dunha xeración de historiadores e historiadoras desde hai dúas décadas, coincidindo co proceso coñecido como "recuperación da memoria histórica". Mais a narración colectiva dese pasado incómodo de golpe, guerra e dictadura mantívose conxelado nos relatos franquistas-antifranquistas pasados pola peneira da reconciliación da Transición.

As achegas de Otras miradas sobre golpe, guerra y dictadura intentan construír un novo relato sobre novos fundamentos historiográficos.

Todos os autor@s fixeron ou están a facer as súas teses no Departamento de Historia Contemporánea e América da USC, con profesores como R. Villares o X. R. Barreiro. A maioría pertence ao grupo Histagra () e unha parte participou directa ou indirectamente no Proxecto Nomes e Voces entre 2006 e a actualidade.

Lourenzo Fernández Prieto (Ribadeo, 1961), catedrático de Historia Contemporánea. I.P do grupo Histagra. Aurora Artiaga Rego (Mondoñedo, 1960), profesora titular de Historia Contemporánea e doutora pola Universidade de Santiago de Compostela. Miguel Cabo Villaverde (Santiago de Compostela, 1970), profesor titular de Historia contemporánea e doutor pola USC. Antonio Míguez Macho (Santiago de Compostela, 1979), contratado Marie Curie na USC e doutor en Historia. Francisco J. Leira Castiñeira (Ferrol, 1987), licenciado en Historia, máster en Historia contemporánea pola USC e máster en Ciencias Documentais pola Universidade da Coruña. Daniel Lanero Táboas (Vigo, 1977), investigador contratado Ramón y Cajal na USC e doutor en Historia Contemporánea. Ana Cabana Iglesia (Castro de Rei, 1976), profesora contratada de Historia Contemporánea e doutora en Historia pola USC. Araceli Freire Cedeira (Arteixo, 1985), doutora en Historia pola USC. Xesús Balboa López (Sarria, 1960), profesor titular de Historia contemporánea e doutor en Historia Contemporánea pola USC. Eduardo Rico Boquete, profesor titular de Historia Contemporánea e doutor en Historia pola USC. Alba Díaz-Geada (Alfoz, 1985), doutora en Historia Contemporánea pola USC. Andrés Domínguez Almasa (Vigo, 1966). profesor no departamento de Didáctica das linguas, a literatura e as ciencias sociais (USC) e doutor en Historia Contemporánea. Borja Santiago Arnoso (Corcubión, 1986), licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.

Ligazóns de interese

Audio da presentación de Otras miradas sobre golpe, guerra y dictadura a cargo de Aurora Artiaga, Lourenzo Fernández Prieto e Daniel Lanero Táboas.

Praza Pública entrevista a Lourenzo Fernández Prieto a propósito de Otras miradas...

Ficha do libro  

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez