Judith Carbajo Vázquez e Lourenzo Fernández Prieto publican un artigo sobre o fondo oral do Proxecto 'Nomes e Voces'

Judith Carbajo Vázquez e Lourenzo Fernández Prieto publican un artigo sobre o fondo oral do Proxecto 'Nomes e Voces'

Judith Carbajo Vázquez, Investigadora no Departamento de Historia Contemporánea e de América na USC e Lourenzo Fernández Prieto, Catedrático de Historia Contemporánea no Departamento de Historia Contemporánea e de América na USC e investigador principal do Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”, veñen de publicar o artigo: "A utilização fundo oral do Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”. Estudo de caso: causas e sujeitos da perseguição política e da repressão na guerra e a ditadura de Franco na Galiza (1936-...)" na revista dixital História Oral ( v.15, n. 2 (2012): Dossiê - História oral, memória e democracia) da Associação Internacional de História Oral .

A Revista História Oral, xornal da Associação Brasileira de História Oral, convida o/as investigadores interesado/as en enviar contribucións para o "Dossier Diversidade Étnica e Fontes Orais". A diversidade étnica das sociedades contemporaneas, que se traducen en pluralismo sociocultural, ten sido pouco considerada en políticas públicas, e até mesmo en estudos académicos. Em certas situacións, esta diversidade ten sido equiparada á desigualdade, dentro dunha lóxica que asocia diferencia e inferioridade, nunha relación marcadamente asimétrica. O presente dossier abre espazo para contribuicións que permitan avanzar no entendemento do “diferente” como problema para o coñecemento histórico e que exploren, a partires das fontes orais, a cuestión da diversidade étnica.

Resumo A utilização fundo oral do Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”. Estudo de caso: causas e sujeitos da perseguição política e da repressão na guerra e a ditadura de Franco na Galiza (1936-...):

A investigación sobre a natureza da represión franquista segue a ser a punta de lanza da historiografia española sobre a guerra civil e a represión. Este contínuo crecemento non é só cuantitativo, pero, sobre todo – e é isto é o buscamos apuntar no noso artigo – cualitativo, grazas ao desenvolvemento de novas fontes e o uso de instrumentos de análise mellorados e de conceptos máis perfeccionados. É por iso que na nosa investigación tentamos un novo enfoque: unha aproximación ás fontes orais e documentais que xa tiñan sido utilizadas para o estudo das vítimas para abordar o caso dos suxeitos represores.Grazas á metodoloxía ad hoc que desenvolvimos, podemos conseguir un idea máis axustada daquelo que fora o aparato represor, e incluso, conceptos que xorden máis funcionais á hora de abordar o estudo dos suxeitos represores. Propoñemos explorar as motivacións e as lóxicas que inspiraron as prácticas represivas nunha rexión como Galicia. Serán buscadas novas posibilidades en fontes diversas, entre elas, podemos destacar o importante fondo oral sobre a represión en Galicia do Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces".

Gardado en Noticias 26 de decembro de 2012 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez