Inauguración do 'Monumento Memorial de Liberdade' en Cangas

Inauguración do 'Monumento Memorial de Liberdade' en Cangas

A Asociación Memoria Histórica '28 de agosto' de Cangas, organiza o acto de inauguración do 'Monumento Memorial de Liberdade' o vindeiro sábado, día 9 de abril de 2011, ás 18.00 horas, na Praza do Concello de Cangas.  Este monumento ten sido sufragado por subscrición popular, e consiste nunha peza escultórica formada por unha prancha de aceiro corten de 8mm de espesor de 150x200cm, apoiada sobre peanas de pedra granítica tipo país de 50x26x20cm. Compositivamente ostenta unha ilustración de pombas, símbolo da liberdade, de autoria de Antonio Nores Soliño, xunto aos versos do poeta Claudio Rodríguez Fer:

“ Que o llibre voo das pombas da paz
erga para sempre a memoria solidaria
das xentes xustas que o deron todo
pola libertade e a xustiza.”
Na parte inferior, referencia a quen está adicado o monumento e a reseña de que esta obra foi
sufragada por subscrición popular.
“En lembranza das libertades e vítimas da represión”

Ao redor deste evento articúlanse diferentes actividades:

Sábado 9:

ACTO DE INAUGURACIÓN
Praza do Concello – fronte á Casa do Concello de Cangas
Sábado 9 de abril 2011 - 18 horas
Música e Palabra pola Liberdade – Solta de Pombas
Participación de representantes do mundo das artes e das letras. Coa colaboración de entidades
sociais e culturais do noso Concello e de toda a xeografía galega.

Xoves 14:

DIA DA REPÚBLICA

19.30 h.- Concentración na Praza da Constitución
Camiño da Liberdade
19.55 h.- Lectura da Proclama da II República
20 h.- Casa da Xuventude – Antiga Casa do Concello
Charla – Colóquio: “Memória histórica da II República”
EMILIO GRANDÍO SEOANE – Profesor de Historia Contemporánea na USC e Coordinador do Proxecto 'Nomes e Voces'

21.45 h.- CEA de Confraternidade republicana

Gardado en Homenaxes 4 de abril de 2011 | sen comentarios
Etiquetado como Memoria, Guerra civil, Represión, Homenaxe

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez