Inauguración do memorial ás vítimas da represión franquista, “Xérmolos de paz e liberdade”

 O domingo 19 de decembro ás 12.00 horas, na avenida de Navarra (nos xardíns, fronte á residencia Torrente Ballester), terá lugar a Inauguración do memorial ás vítimas da represión franquista, “Xérmolos de paz e liberdade”, do escultor Valdi. Esta homenaxe está promovida pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.

 No acto procederase á lectura colectiva dos nomes das 600 persoas asasinadas polo franquismo nos concellos da Coruña, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Estes nomes proceden do traballo de investigación do Proxecto  Interuniversitario "Nomes e Voces". O evento contará coa participación de distintas entidades, así como persoas do mundo da cultura, deporte, profesionais, etc.

  Haberá varias intervencións, entre elas de familiares das vítimas e música.

  Despois da inauguración do Memorial, ás 14,30 horas, celebrarase no hotel Meliá María Pita, na praia do Matadoiro, un xantar de irmandade cos familiares das vítimas do franquismo. As persoas interesadas en participar deben de chamar ao teléfono 645029338 (Rubén), para confirmar a súa participación nese xantar. Tamén poden  facer o ingreso de 20 euros na conta: 2096  0489  11  3275331004. Tanto a chamada, como o ingreso, recoméndase que sexa  antes do 16 de decembro, para así darlle un número de participantes ao hotel.

Gardado en Noticias 2 de decembro de 2010 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez