Homenaxe a Marcial Villamor

Marcial Villamor e Josefa Castiñeiras

Homenaxe a Marcial Villamor


O vindeiro sábado 30 de xaneiro, o Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces” organiza en colaboración coa Familia Villamor o acto-homenaxe a Marcial Villamor Varela, fundador do Partido Sindicalista e un dos directivos da Casa do Pobo, que foi asasinado o 28 de setembro de 1937.


O acto terá lugar mañá sábado 30 de xaneiro, a partir das 17.00 horas en Santiago de Compostela, e consistirá nun achegamento a figura de Marcial Villamor a través da conferencia do investigador Dionisio Pereira “Marcial Villamor e José Villaverde, aqueles sindicalistas do Olvido e o Pexego” (Sala de Audiovisuais, Escola da Inmaculada, Concepción Arenal, 11)

A continuación procederase ao descubremento da placa da nova praza que levará o nome de Villamor Varela, na rúa do Olvido, nun acto organizado desde o Concello de Santiago.


Neste acto intervirán: Olga Pedreira (Concelleira da Cidade Histórica de Santiago de Compostela),

Familiares e amigos e Xosé A. Sánchez Bugallo (Alcalde de Santiago de Compostela)

Gardado en Noticias 29 de xaneiro de 2010 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez