O sábado 30 de abril, celebrarase en Toques a Homenaxe a Delfino Liñeira Fraga, militante do sindicato de tranviarios xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte en 1937. O acto está órganizado polo Concello de Toques e a colaboración do Proxecto Nomes e Voces e a familia de Delfino Liñeira Fraga.
O programa do acto é o que segue:
18:30 - Ofrenda floral no Lugar de Piñeiro.
19:00 - Conferencia impartida por Emilio Grandío, Profesor da Universidade de Santiago.
'A represión franquista: Delfino Liñeira'
20:00 - Remate musical.
Defino Liñeira Fraga, (Toques, A Coruña), era militante do sindicato de tranviarios da Coruña, exercendo as funcións de secretario do mesmo en 1933. Foi xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte, sendo executado na Coruña o 11 de xullo de 1937.