Finou Rosa Bassave Roibal

Finou Rosa Bassave Roibal (A Coruña, 1954) vinculada á USC desde o ano 1983 na área de administración para incorporarse posteriormente á Biblioteca en 1987.

Rosa Bassave, muller comprometida e militante anarcosindicalista, representou á CNT cando formou parte do Consello pola Memoria en 2006 órgano asesor da Consellaría de Cultura e Deporte para contribuír á recuperación da memoria histórica da represión da guerra civil e da ditadura franquista.

En Santiago de Compostela remata a carreira de Historia na USC e comeza a militar na UPG e no seu sindicato revolucionario de estudantes. Formou parte da executiva de ANPG en 1976 e do BNPG 1977, pero logo de fortes discrepancias integrouse no movemento libertario. En 1979 créase a Federación Anarco-comunista Galega e o colectivo Arco da Vella.

Posteriormente participa activamente na refundación do sindicato CNT en Compostela, sendo elixida secretaria xeral en 1990 e 2002 e tesoureira en varias ocasións. Tamén participa no Ateneu Libertário de Compostela e na asociación Mulleres Libres, así como na radio Kalimero. En 2005 foi elixida secretaria xeral da Confederación Rexional Galaica da CNT.

Asidua conferenciante, colaborou en publicacións como Arco da Vella (baixo o pseudónimo de María Balteira), (Anarquista), Andaina, CNT, Festa da palavra silenciada, Marea Negra, A Nosa Terra, Outrasvozes, ou A Protesta. Bibliotecaria da USC desde 1986, tamén colaborou en revistas profesionais de bibliotecas.

Novas relacionadas:

Adeus, Rosa Bassave. Xosé Luis Santos Cabanas, Sermos Galiza

Que envexa, Rosa!. Dionísio Pereira, Sermos Galiza

El 'silencio' de los anarquistas. Óscar Iglesias, El País

Gardado en Noticias 11 de setembro de 2012 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez