"Ferrol recuperando a memoria. A verdade nunha man pechada"

"Ferrol recuperando a memoria. A verdade nunha man pechada"

Do 29 de marzo ao 27 de abril , terá lugar o ciclo "Ferrol recuperando a memoria. A verdade nunha man pechada" para conmemorar os 80 anos da proclamación da II República e 75 anos do golpe de estado de 1936. O evento está impulsado polo Concello de Ferrol a través das Concellarías de Cultura e Benestar Social e Muller, e coorganizado coa Asociación Cultural Fuco Buxán, amais da colaboración doutras entidades sociais e investigadoras como é o caso do Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces". Este Proxecto ofreceu o seu asesoramento en materia histórica e estará presente nas actividades, coa intervención do seu director, Lourenzo Fernández Prieto, nunha das súas mesas redondas.

Programación

Mesas redondas
Fundación NovaCaixaGalicia, ás 19:30 h


Documental “Señora de”, de Patricia Ferreira

Martes 29 de marzo
Con: Romana San Luis, Ana Blanco, Filomena Fraga, protagonistas do documental
Guadalupe Lloves, entrevistas
Conduce: Carmen Blanco, Profesora e escritora

Muller e memoria

Mércores 30 de marzo
Con: Aurora Marco, Mary Nash, María Jesús Souto Blanco e Sari Alabau

O contexto actual no proceso de recuperación da memoria

Martes, 5 de abril
Con: Carlos Agüero, Lourenzo Fernández Prieto,  Xosé Lois Vilar, e Virxinia Salvo

Memoria e Democracia

Mércores, 6 de abril
Con: José Antonio Martín Pallín, Carlos Teijo García, Susana Alaniz e Carmen Fernández Casanova

A recuperación da memoria en Ferrol

Xoves, 7 de abril
Con: Enrique Barrera, Eliseo Fernández, Bernardo Maíz, Manuela Santalla, Xosé Manuel Suárez e Guillermo Llorca

Teatro
Teatro Jofre ás 20:30 h

Tertulia sobre
Memoria de Helena e María

Xoves, 31 de marzo

Memoria de Helena e María

Venres 1 e sábado 2 de abril
Teatro do Atlántico

Santa Perpetua

Venres 8 de abril
Producciones Micomicón

Música

Sempre
Pilocha
Xabier Constela e Xurxo Varela

9 de abril ás 20:30 hh
Teatro Jofre

Músicas populares da guerra civil
Brigada Bravo&Díaz

14 de abril ás 22:00 hh.
Ciclo Novas Noites
Capela do Torrente Ballester


Cine     Ciclo Primavera de Cine
Cines Dúplex Ferrol ás 20:30 hh

A vella memoria
Mércores 13 de abril

L´espoir (Serra de Teruel)
Mércores 20 de abril

Cancións para despois dunha guerra
Mércores 27 de abril

Acto cívico
Cemiterio de Serantes, 18:30 h

Ofrenda floral, en lembranza e homenaxe a todas as víctimas da dictadura franquista
Xoves 14 de abril

Máis información na páxina web do Concello de Ferrol 

Gardado en Noticias 31 de marzo de 2011 | sen comentarios
Etiquetado como Franquismo, Historia, Represión

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez