Falleceu Olga Camiña, unha das vítimas da represión en Cerdedo

A cerdedense Olga Camiña Monteagudo, filla de Carmen Monteagudo e natural de Figueroa, falleceu no seu domicilio de Bos Aires. Olga Camiña deixou o seu testemuño da represión falanxista en Cerdedo ao Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”, nunha entrevista realizada por Ruy Farias. O Investigador e Coordinador do Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces", Dionisio Pereira, recolle no seu derradeiro traballo, “As vítimas do franquismo na Terra de Montes. Beariz, Cerdedo e Forcarei” (Verbo Xido, 2010):

Carmen Monteagudo (Figueroa): De ideas republicanas, aturou unha tentativa de asalto nocturno do seu domicilio por parte de falanxistas do seu lugar, así como numerosos rexistros. Ameazada de “paseo” por parte dos falanxistas cerdedenses, debeu abandonar a súa casa deixando as tres fillas a cargo doutros veciños. Reclamada dende EEUU polo seu home, a familia abandonou Figueroa en 1948 para non volver. 

Gardado en Noticias 2 de setembro de 2010 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez