Faleceu Rogelio Arca, represaliado do Cerdedo

Fondo Rogelio Arca. Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces"

Faleceu Rogelio Arca, represaliado do Cerdedo

Rogelio Arca Rivas faleceu aos 96 anos en San Martiño de Figueroa en Cerdedo (Pontevedra), de onde era natural. De profesión canteiro, combatiu co exército republicano e estivo prisioneiro no Campo de concentración en Teruel e compañía de revisión en Lugo.

O Proxecto "Nomes e Voces" cobixa un importante fondo fotográfico cedido polo propio Rogelio Arca, no que se recolle a súa estadía no campo penitenciario. Asemade, o Proxecto "Nomes e Voces" colaborou a través do historiador cerdedense e coordinador do Proxecto "Nomes e Voces", Dionisio Pereira na publicación "Álbum de guerra. Canteiros das Terras de Montes no exército republicano" (Difusora, 2008) onde se recollen notas e fotografías de Rogelio Arca acompañado pola contextualización histórica do estudo do equipo de investigación de "Nomes e Voces".

 Segue a nova na nosa sección de prensa xeral

Gardado en Noticias 9 de novembro de 2010 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez