Faleceu Avelino Pousa Antelo, Presidente da Fundación Castelao

Faleceu Avelino Pousa Antelo, Presidente da Fundación Castelao

Avelino Pousa Antelo, Presidente da Fundación Castelao, faleceu o pasado 21 de agosto na súa casa despois de 98 anos dunha vida plena e entregada a unha causa chamada Galicia.

No ano 2006 o Proxecto "Nomes e Voces" entrevistou a Avelino Pousa Antelo en calidade de representante do Partido Galeguista e coetáneo dos acontecementos na localidade de A Baña.

Ver rexistro na Base de Datos das Vítimas

Nace en Seoane (A Barcala-Concello da Baña) o 14 de maio de 1914, fillo de María Capeáns e Ramón Antelo Campos. Participa  no movemento agrarista e cooperativista da Barcala e dende moi novo vencéllase ás mocedades galeguistas. Sen ser un represaliado directo -xa que pasa a guerra nas filas de Franco- vive a situación do momento e dende ese punto de vista constitúe unha notable testemuña. Docente da Escola Agrícola da Granxa de Barreiros. Secretario Xeral do Partido Galeguista no 1978 e Presidente dende o 79 ao 83.

Avelino Pousa Presidiu a Fundación Castelao ata a hora do seu pasamento dende que no ano 1989 sustituíra a Ramón Martínez López. Durante a súa presidencia a Fundación compilou a obra escrita completa do autor do Sempre en Galiza que viu a luz nunha edición preparada pola Fundación Castelao para a Editorial Galaxia. Foi tamén durante a súa presidencia cando a Fundación Castelao co patrocinio da Fundación Caixa Galicia celebrou o 50 aniversario do pasamento de Castelao cunha magna exposición que conseguiu reunir, nun esforzo sen precedentes, a obra pictórica e gráfica do autor rianxeiro. E tamén no seu periodo de presidencia que se extendeu ao longo de 23 fecundos anos cando a Fundación completou a catalogación da obra do autor de Rianxo nun catálogo que hoxe obra en poder da Consellería de Cultura á espera dun acordo co herdeiro dos dereitos de autor de Castelao para a súa difusión universal a través da rede.

Pousa fora fundador desta institución e xunto con Dna Teresa Rodríguez Castelao, Presidenta de honra da mesma e D. Ramón Martínez López, primeiro presidente da Fundación, participou activamente na primeira grande empresa da mesma: a organización do Congreso Castelao de 1986. Congreso que contribui grandemente á difusión da figura dun ilustre galego cuxo nome viña de permanecer oculto durante máis de 50 anos.

Pousa Antelo nacera en San Xoán de Barcala (A Baña) o 14 de maio de 1914. Militou nas Mocidades Galeguistas, participou activamente na campaña a favor do Estatuto Galego en 1936, desenvolveu a súa vida profesional ligado á educación e ao desenvolvemento do agro, e foi especialmente recoñecido o seu labor ao fronte da Granxa-Escola de Barreiros en Sarria (Lugo).

Gardado en Noticias 3 de setembro de 2012 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez