Falece o intelectual ribadense José Juan Suárez Acevedo

Falece o intelectual ribadense José Juan Suárez Acevedo

José Juan Suárez Acevedo, egrexo historiador de Ribadeo, faleceu o día 26 de setembro á idade de 93 anos na súa vivenda de Guimarán. Intelectual e profesor de Historia, foi un dos primeiros persoeiros entrevistados polo Proxecto "Nomes e Voces" no ano 2006, nunha conversa acerca das súas lembranzas e vivencias no marco da II República e posterior Golpe de Estado en Ribadeo a partires de 1936.

José Juan Suarez Acevedo naceu en Ribadeo en 1918. Formado na Institución Libre de Enseñanza (ILE) chegou ser Catedrático de Instituto. A súa tesiña levou por título: "A Comarca Ribadense escenario da vida e da obra do Marqués de Sargadelos". A partires de 1948 imparte aulas na Academia Santo Tomás de Aquino, até o ano 1955, no que pasou a dar clase de xeografía e historia no Instituto Carlos María Rodríguez de Valcárcel. Na súa ampla actividade como intelectual e historiador, ten publicado en diarios e revistas especializados. 

Referente na vida cultural de Ribadeo, a súa desaparición leva consigo a perda dunha importante parte da memoria dos feitos acaecidos no Ribadeo de 1936.

Gardado en Noticias 28 de setembro de 2011 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez