Falece o artista pontevedrés Leopoldo Nóvoa

Falece o artista pontevedrés Leopoldo Nóvoa

O pasado fin de semana faleceu un dos artistas plásticos máis destacados da pintura contemporánea galega, Leopoldo Nóva (Salcedo, Pontevedra, 1919).

O artista concedeu unha das súas últimas entrevistas ao Proxecto 'Nomes e Voces' no seu estudo de Armenteira. No transcurso desa conversa conservada no fondo oral do Proxecto, falou da súa infancia, marcada pola función que desenvolvía o seu pai Edmundo Nóvoa como Cónsul de Uruguai, debido ao seu papel na fuxida de potenciais vítimas da represión, posiblemente pasaportando posíbeis represaliados cara a Uruguai. Isto repórtalle a súa expulsión da Galiza tomada polo franquismo. O propio Leopoldo, de simpatías libertarias, foxe da incorporación ao servizo militar emprendendo un interesante  labor político no cono Sur americano, sempre en contacto co exilio galego, aproveitando a súa sona coma artista plástico.

Ver rexistro na base de datos de vítimas

A súa infancia transcorre entre Salcedo e Raxó, en Poio. Con sete anos viaxa á Pampa arxentina para regresar tres anos despois. Cursa os seus estudios de bacharelato no Colexio León XIII de Vilagarcía de Arousa. Coa sublevación militar do 18 de xullo trasládase ó Porto coa súa familia, pasando en 1938 a Uruguai, xa que o seu pai fora cónsul de Uruguai enEspaña, de onde foi expulsado. Comeza a traballar na industria da cerámica, funda a revista "Apex" con X. Maggi , M. Flores y J. C.Onetti e publica diversos contos. Alí ingresa tamén na facultade de arquitectura para pasar logo á de Dereito. En 1947 casa con CeliaMineses e a parella instálase en Bos Aires onde coñecen a Luís Seoane. En 1949 nace o seu primeiro fillo, José Ramón, e un ano despoisa súa filla Sabela, momento no que comeza a pintar. En Bos Aires tamén realiza a súa primeira exposición individual en 1953.Colabora coa revista "Galicia Emigrante" e fai o cartel para o Iº Congreso da Emigración Galega (1956). En 1957 regresa aMontevideo traballando no xornalismo coa especialidade do debuxo político. Tiña o seu atelier nun local do "Mercado Central". Alípintaba e facía esculturas. En 1960 fai tres murais no edificio Danart e un ano despois viaxa por primeira vez a París, para retornar a Uruguai, onde traballa durante tres anos na realización do mural do "Estadio del Cerro". En 1962 coñece a Michel Tapié, que despoisde coñece-la súa obra convénceno para trasladarse a París. Entón, partir de 1965 instálase definitivamente nesa cidade e toma contactocon intelectuais e artistas latinoamericanos cos que, máis tarde, no ano 1981, fundará o Espacio Latinoamericano. En 1971 pasa untempo en Italia onde fai a súa primeira escultura: "A Venus de Alessano". No ano 1974 fai a súa primeira exposición na Galerie Edouard Loeb en París. Cinco anos despois un incendio destrue o seu taller da Rue du Faubourg Saint Antoine entón decide instalarsenun taller da "Fundation Nationale des Artes Plastiques". En 1983 construe a súa casa-taller en Armenteira (Pontevedra) onde pasa longas tempadas. Actualmente vive en Armenteira, Meis, Pontevedra.

Fonte: Repertorio biobibliográfico do exilio galego:Unha primeira achega, Consello da Cultura Galega, Arquivo da Emigración Galega

Gardado en Noticias 27 de febreiro de 2012 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez