Exposición: 80 anos. Santiago 1936

Exposición: 80 anos. Santiago 1936

Esta exposición pretende explicar como, en tan poucos días, Santiago pasou de ser unha cidade en plenas festas do Apóstolo, na que aínda se festexaba o Estatuto de Autonomía de Galicia, ao triunfo do golpe de estado. Como as rúas de Compostela pasaron de ser un espazo de convivencia, pugna e pluralidade democrática, a converterse no escenario do medo, da persecución e da matanza. E queremos facelo cun novo relato elaborado a 80 anos daquel pasado incómodo, feito dende a historia e marcado pola memoria, no que se dea noticia en Santiago de todo o que coñecemos e por que o sabemos.

Do 7 ao 25 de setembro; na Sede da Fundación Eugenio Granell

Horario

  • Martes a venres: 11.40 a 14.00 e 16.00 a 20.00 h.
  • sábado: 12.00 a 14.00 e 17.00 a 20.00 h.
  • Luns, domingos e festivos: Pechado.

Ficha técnica da Exposición

Comisariado: Lourenzo Fernández Prieto, Gustavo Hervella García, Alfonso Mato Domínguez, Antonio Miguez Macho, Dolores Vilavedra Fernández
Produción: HISTAGRA-USC, Concello de Santiago de Compostela
Deseño: Tórculo
Deseño cartel e folleto: Iñaki López. RuralC
Audiovisual: Sumo Comunicación
Gardado en Exposicións 29 de xuño de 2016 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez