O profesor estadounidense Simon R. Doubledays acompañado dos alumnos do Hofstra University (Hempstead, Nova York) visitarán hoxe día 27 algúns dos lugares de memoria de Compostela. A visita, conducida polo investigador Gustavo Hervella García, precorrerá algúns dos lugares da represión franquista en Santiago de Compostela e outros espazos senlleiros dedicados á homenaxe. A visita comezará no monumento que o artista Acisclo Manzano realizou en homenaxe aos profesores represaliados en 1936, sito no Campus Sur, para continuar no cemiterio de Boisaca e o antigo cárcere municipal.
O profesor Simon R. Doubledays xa se interesou polo traballo Proxecto "Nomes e Voces" con anterioridade, visitando a sede do equipo o pasado ano, no marco da estadía que realizou xunto a outros alumnos durante o mes de xullo. Nesa ocasión como na súa última visita hai unha semana, tiveron ocasión de consultar a investigación do Proxecto a través dos seus fondos orais, documentais e gráficos.