Entrevista ao investigador Francisco Leira (HISTAGRA) polo seu Premio de Ensaio sobre Guerra Civil Española “George Watt”

Entrevista ao investigador Francisco Leira (HISTAGRA) polo seu Premio de Ensaio sobre Guerra Civil Española “George Watt”

O xornal La Voz de Galicia ven de publicar unha entrevista realizada por Tamara Mato ao investigador Francisco Leira, polo seu Premio de Ensaio sobre Guerra Civil Española “George Watt”. Na entrevista concedida,  Leira resposta a cuestións relacionadas co estudo do exército sublevado na guerra civil española, a súa percepción da guerra e o seu desenvolvemento no marco temporal da contenda, afirmando con cntundencia que "hai moita simplificación sobre o exército sublevado".

Francisco Leira Castiñeira , membro do grupo HISTAGRA da USC foi recentemente recoñecido co Premio de Ensaio sobre Guerra Civil Española “George Watt” polo traballo: "Political surveillance measures against the soldiers of the rebel army: 'Franco's soldiers' and their gradual hostility to and rejection of the war, December 1937-1939".

Este traballo forma parte da súa investigación e Tesiña que está a realizar baixo a dirección do profesor Lourenzo Fernández Prieto e o investigador Andrés Domínguez Almansa, membros do Proxecto "Nomes e Voces". Os fondos deste proxecto están a contribuir a dita investigación: "La consolidación social del Franquismo. La influencia de la guerra en los "soldados de Franco".

Este traballo forma parte do máster que está a realizar o Investigador, co que Leira foi galardoado co VI Premio de Ciencias Sociales Juana de Vega 2012.

Gardado en Noticias 7 de febreiro de 2013 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez