O Premio “Eugenia Meyer” responde a un dobre obxectivo: promover e premiar a excelencia na investigación, reflexión e análise dos estudos de historia oral e de memoria por parte de investigadores residentes en América latina, e facer un recoñecemento e homenaxe en vida á historiadora mexicana Eugenia Meyer .que tanto fixo polo desenvolvemento desta disciplina na rexión.
Criterios Xerais:
O premio "Eugenia Meyer" incentiva os investigadores, sexan ou non académicos, para o cal consideraránse todos aqueles traballos de investigación, análise, teorización ou reflexión que recorran á historia oral como parte do seu método.
Cada dous anos, o premio será anunciado e posteriormente entregado nalgún dos congresos latinoamericanos de historia oral, organizados xa sexa polas asociacións dos respectivos países ou pola propia RELAHO, cuxos administradores determinarán o lugar, a ocasión de entrega e a data do anuncio.
Os candidatos poderán presentar só traballos realizados durante os dous anos previos á convocatoria. A única excepción será a primeira convocatoria, que permitirá a presentación de traballos realizados nos cinco anos previos.
Ademais, os candidatos deberán residir en América Latina, se ben poden ou non ser oriúndos dalgún país latinoamericano. Os traballos serán considerados exclusivamente polos seus méritos. Por ende, non se tomarán en conta os antecedentes académicos, a filiación política ou ideolóxica, a raza, o xénero, a nacionalidade, a orientación sexual ou a relixión dos participantes.