O pasado mes de abril, o investigador e economista Dionisio Pereira publicaba o seu último libro: José Pasín Romero: Memoria do proletariado militante de Compostela, editado pola Fundación 10 de Marzo.
Agora presentamos esta obra na nosa Web, onde o autor ofrece un resumo dos capítulos que integran o estudo biográfico desta destacada personalidade da cidade de Compostela.
José Pasín Romero , de profesión ebanista e natural de Compostela, no momento do golpe militar, fuxe e vive oculto nos montes da contorna, até que en 1939 se entrega, tras o bando do gobernador Gómez Cantos, que lle permite ficar en liberdade vixiada. Condeado por responsabilidades políticas a pagar unha multa de 200 ptas e inhabilitadon a exercer cargos públicos durante seis anos. Os seus fillos Marcelino e Modesto Pasín Noya foron executados; Luis, tras varios procesos, enviado á fronte en tropas disciplinarias; Paulino foi encadeado e Florentino mobilizado forzosamente coa advertencia de ser elemento peligroso. A súa muller e fillas sofriron constantes humillacións.