Congreso Internacional sociedades en cambio: España y Portugal en los años setenta

Congreso Internacional sociedades en cambio: España y Portugal en los años setenta

Os días 15 e 16 de novembro de 2012, celebrarase o Congreso Internacional sociedades en cambio: España y Portugal en los años setenta na cidade de Barcelona. Organizado polo Centre d’Estudis sobre les Èpoques Franquista i Democràtica da Universitat Autònoma de Barcelona (CEFID-UAB) e o Instituto de História Contemporânea de la Universidade Nova de Lisboa (IHC-UNL), o Congreso pretende achegarse aos cambios profundos nas sociedades española e portuguesa durante os anos setenta, marco no que se produciron os procesos de cambio político que abriron paso á consolidación de réximes democráticos. Analizarase o estado da cuestión das investigacións históricas realizadas sobre os anos setenta do século XX, ao tempo que ofrecera un marco de debate historiográfico de carácter comparativo aos investigadores que están traballando tanto sobre España como sobre Portugal neste período, atendendo aos aspectos sociais e políticos.

Gardado en Congresos 14 de novembro de 2011 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez