Conferencia do Investigador Ernst Langthaler na USC

Conferencia do Investigador Ernst Langthaler na USC

 HISTAGRA, Grupo de Investigación do Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC, organiza a conferencia do Investigador do Instituto de Historia Rural da Universidade de Viena, Ernst Langthaler: "A social history of rural Austria under nazi rule", que terá lugar o venres día 4 de febreiro na Aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia, ás 12.00 horas.

Ernst Langthaler (St. Pölten, 1965)  é secretario da European Society for Rural History (desde 2010), subdirector do Institute for Rural History (desde 2005) e Director executivo do Jahrbuch für Geschichte des ländlichen Raumes (desde 2003). Os seus campos de investigación son entre outros: O desenvolvemento da agricultura europea e global, A sociedade rural en Austria, A antropología e a socioloxía económica, Historia da memoria, Historia comparada local e rexional e a Didáctica da Historia.

+info sobre Ernst Langthaler

Gardado en Conferencias 26 de xaneiro de 2011 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez