Conferencia de Miguel Anxo Murado sobre a construción da memoria da República e a Guerra Civil.

Conferencia de Miguel Anxo Murado sobre a construción da memoria da República e a Guerra Civil.

O xornalista e analista Miguel Anxo Murado ofrecerá unha conferencia co título «República e Guerra Civil. A construción da memoria» o próximo mércores día 7 de abril. Será ás 12 horas na aula 13 da Facultade de Xeografía e Historia.

Miguel-Anxo Murado (Lugo, 1965) é colaborador de The Guardian e da BBC en temas de política internacional, e tambén da cadena SER e La Voz de Galicia. Traballou como xornalista nos Balcáns e Oriente Medio, onde foi corresponsal do xornal El Mundo durante a Segunda Intifada Palestina. Escritor, ademais de guionista de cine e televisión, conta cunha sobranceira obra de ficción e ensaio, entre os seus últimos libros están La invención del pasado (2013), Fin de siglo en Palestina (2008) e Outra idea de Galicia (2008).

A conferencia de Miguel Anxo Murado fai parte do ciclo «Pasados incómodos: guerra, memoria e historia» que que o vindeiro 10 de abril acollerá ao profesor Ricardo Robledo cun relatorio titulado «Historia Científica vs. Historia de combate na II República Viño novo en odres novos?», na aula 14 ás 12 da mañá.

Gardado en Conferencias 31 de marzo de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como Memoria, Historia, II República

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez