Conclusións do "V Encontro O Son da Memoria: as coleccións sonoras de Galicia ante o presente dixital"

Conclusións do "V Encontro O Son da Memoria: as coleccións sonoras de Galicia ante o presente dixital"

O pasado venres 27 de abril, o Consello da Cultura Galega organizou o "V Encontro O Son da Memoria: as coleccións sonoras de Galicia ante o presente dixital", na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Un encontro de posuidores ou xestores de coleccións de gravacións sonoras que existen no país, entre as que se atopa o Proxecto 'Nomes e Voces',  co fin de intercambiar información sobre as novas realidades e estudar as formas de coordinación posibles.

A posta en común de diferentes proxectos contextualizados nunha nova ciscunstancia espacial e tecnolóxica, serviu para compartir unha sensibilidade común no que respecta á rede, eido idóneo para explorar o moito que se ten feito en Galicia no campo dos arquivos e coleccións documentais, desde a Universidade, o ámbito público e privado.

Ao remate do encontro, emprazouse aos convidados a un segundo encontro das grandes coleccións para repartir esforzos na homoxeneidade do tratamento documental.

Ver galería de imaxes

Gardado en Xornadas 30 de abril de 2012 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez