COMUNICADO INFORMATIVO PROXECTO 'NOMES E VOCES'

Desde o Proxecto 'Nomes e Voces' queremos informar que, desde o venres día 28 de xuño o Proxecto 'Nomes e Voces' co que xenerosamente colaborou a cidadanía, desaparece na súa forma actual despois de 7 anos e 1 mes de traballo. Nos últimos 3 anos o nivel de actividade reducírase, substituíndo a recollida de información polas actividades de mantemento e xestión da documentación e das bases de datos, asesoría doutros proxectos galegos e de fóra de Galicia (Navarra, El Salvador, Túnez,…) e a xestión da páxina web, que seguía moi activa con máis de mil consultas mensuais.

Mantivemos a actividade grazas a pequenos proxectos, o convenio coa Deputación de Lugo e especialmente o apoio da USC e do seu Departamento de Historia Contemporánea e de América. Manteremos aberta a web www.nomesevoces.net, co mesmo nivel de acceso á información que neste intre pero sen actualización, o acceso aos fondos que non estean xa en rede fica choído, non se poderá seguir cos traballos de mantemento interno das bases de datos e tampouco poderemos facer recollidas de material inédito e sensible.En nome de todos e todas os que fixeron este proxecto queremos dirixirvos un recoñecemento especial e sincero así como o noso inmenso agradecemento.

Equipo de Nomes e Voces

Gardado en Noticias 1 de xullo de 2013 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez