Colaboración do Proxecto coa longametraxe "Flores tristes"

O Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares" dirixido polo I.P. Lourenzo Fernández Prieto, está a colaborar coa longametraxe documental “Flores tristes” dirixida por Manuel Abad, responsable de Formateo S.L. en colaboración con Pórtico Produccións. A longametraxe, retrata a represión franquista acontecida en Galicia, mediante as testemuñas de vítimas e familiares, atendendo a algunhas recreacións que evidencian e ilustran ese terrible episodio da historia galega.

O equipo de Investigación "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares", puxo ao servizo da produtora o material gráfico e sonoro preciso para documentar esa represión, ofrecendo unha parte dos nomes desas vítimas que conforman a base de datos do Proxecto, así como os lugares que foron escenarios dos asasinatos e humillacións dos que protagonizaron tan cruenta realidade. Así mesmo, o Proxecto prestou ao documental moitas das fotografías que aparecen na cinta, e que integran unha base na que recóllense un importante número de fondos gráficos cedidos por familiares e colectivos, así como algún material audiovisual.

O resultado de tan importante traballo culminará coa presentación da película no mes de decembro, momento no que o Proxecto prestará novamente a súa colaboración.

Gardado en Noticias 20 de outubro de 2008 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez