CICLO DE CONFERENCIAS. PASADOS INCÓMODOS: GUERRA, MEMORIA E HISTORIA 2016-2017

CICLO DE CONFERENCIAS. PASADOS INCÓMODOS: GUERRA, MEMORIA E HISTORIA 2016-2017

O Grupo de Investigación HISTAGRA continúa co ciclo de conferencias PASADOS INCÓMODOS: GUERRA, MEMORIA E HISTORIA, no que participan especialistas da historia, estudos culturais, socioloxía, xudicatura e do pensamento para analizar o pasado e a memoria, así como o seu tratamento presente.

O Grupo de Investigación HISTAGRA (http://histagra.usc.es/es/) ten como un dos seus principais obxectivos o estudo do golpe de 1936, a Guerra Civil, o franquismo e a transición política en España e neste marco de investigación se desenvolverá o ciclo de conferencias.

Damos continuidade ao ciclo que comezamos en xaneiro de 2014. A experiencia investigadora e profesional de cada un dos conferenciantes é contrastada o que supón compartir unha experiencia de investigación e posta en valor dun tema como é o do pasado da guerra e a memoria  que segue a ser un dos vértices das políticas publicas e da investigación histórica. O ciclo servirá para dar a coñecer e difundir novas perspectivas e contrastar puntos de vista e achegas sobre o pasado incómodo e o seu tratamento actual.

O Programa é:

02/11/2016_Título: Usos sociales de la historia y de las memorias: poderes en juego
Relator: Juan Sisinio Pérez Garzón (Universidad de Castilla La Mancha)
Hora: 12 h
Lugar: Sala de profesores. Facultade de Historia

16/01/2017_Título: "Palabras incómodas: democracia y guerra civil en perspectiva histórica".
Relator: Rafael Cruz Martínez (Universidad Complutense de Madrid)
Hora: 12 h.
Lugar: Facultade de Historia. Aula 13

30/03/2017_Relator: Jordi Guixé Coromines (EUROM e Universitat de Barcelona)
Hora: 12 h
Lugar: Facultade de Historia. Sala de Profesores

30/05/2017_Relatora: Ismee Tames (NIOD, Países Baixos)
Hora: 12 h.
Lugar: Facultade de Historia. Aula 13

06/06/2017_Título: Memoria local en el contexto de la transición española. El primer ciclo de exhumaciones de fusilados republicanos
Relatora: Paloma Aguilar Fernández (UNED)
Hora: 12 h
Lugar: Facultade de Historia. Aula 14

27/06/2017_Título: Guinea Ecuatorial: un pasado colonial incómodo
Relatora: Benita Sampedro Vizcaya (Hofstra University, USA)
Hora: 12 h.
Lugar: Facultade de Historia. Aula 13

Gardado en Conferencias 29 de outubro de 2016 | sen comentarios
Etiquetado como Memoria

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez