Audio da conferencia de Ricardo Robledo

Audio da conferencia de Ricardo Robledo

A conferencia «Historia Científica vs. Historia de combate na II República. Viño novo en odres novos?» de Ricardo Robledo pódese descargar ou ser escoitada on line na Canle de Nomes e Voces de Ivoox. A conferencia que Ricardo Robledo desenvolveu o pasado 10 de abril forma parte do ciclo «Pasados incómodos: Guerra, memoria, historia» que promove o grupo Histagra.

Ricardo Robledo foi profesor da Universitat Autónoma de Barcelona até 1991 e desde esa data catedrático de Historia Económica da Universidad de Salamanca. A súa investigación céntrase preferentemente na análise do capitalismo agrario español, a evolución dos grandes patrimonios e o reformismo agrario. Entre os seus libros destaca Economistas y reformadores españoles: la cuestión agraria (1760-1935) (1993). Foi editor ou coeditor de El pensamiento económico en la Escuela de Salamanca (1998); Historia de Salamanca. Siglo Diecinueve y Siglo Veinte (2001); Orígenes del liberalismo. Universidad, Política, Economía (2003); Sombras del progreso. Las huellas de la historia agraria (2011). Na actualidade, está a preparar un ensaio sobre o revisionismo en España.

Escoitar ou descargar o audio de «Historia Científica vs. Historia de combate na II República. Viño novo en odres novos?»

Gardado en Conferencias 4 de xuño de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como Memoria, Historia, II República

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez