As investigadoras Ángela Cenarro e Conxita Mir reuníronse co equipo de "Nomes e Voces"

Ángela Cenarro e Conxita Mir

As investigadoras Ángela Cenarro e Conxita Mir reuníronse co equipo de "Nomes e Voces"

Ángela Cenarro, Historiadora especializada en Historia Contemporánea, e Conxita Mir, profesora de historia contemporánea na Universitat de Lleida, visitaron hoxe 27 de xaneiro ao equipo de Nomes e Voces, como asesoras do mesmo.

O encontro serviu para exlicar ás asesoras o desenvolvemento do traballo, incidindo de xeito especial nas últimas novidades da investigación da represión franquista en Galicia: o incremento de entrevistas, o baleirado sistemático dos inculpados non procesados das causas militares incoados en Galicia entre 1936-1939 e a actualización da Base de Datos de vítimas da represión franquista. Así mesmo, as investigadoras puideron coñecer os traballos da nova Web do Proxecto, que está sendo redefinida e que en breve será presentada aso medios.

Gardado en Noticias 27 de xaneiro de 2010 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez