Actos de Homenaxe á República da CRMHC

Actos de Homenaxe á República da CRMHC

A CRMH celebra os actos de conmemoración do día da República coa súa habitual Cea no Hotel Meliá “María Pita” o vindeiro venres 12 de abril de 2013, a partir das 21’30 h .

Os actos comezarán o día 12 a partir das 19’30 h., cunha ofrenda floral na Avenida de Navarra, no Memorial ás Vítimas do franquismo na comarca da Coruña, en cuxa elaboración traballou o Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces".

Na Cea da República, como todos os anos, terá lugar o nomeamento da REPUBLICANA DE HONRA 2013, que este ano será outorgada a ELVIRA VARELA BAO,  mestra Republicana do barrio de Labañou. Ten 10 anos cando encarceran á súa nai. A represión e o acoso das autoridades franquistas marcan toda a súa infancia e mocidade.

Co gallo desta homenaxe a CRMH d'AC elaborou un cuadríptico coa semblanza de Elvira Varela Bao, un texto  realizado polo Investigador de 'Nomes e Voces', Xurxo Pantaleón Cadilla, que acompañamos nesta nova como documento adxunto.


Gardado en Homenaxes 8 de abril de 2013 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez