Actos conmemorativos do 75 aniversario do pasamento de Dr. Manuel Díaz González

Actos conmemorativos do 75 aniversario do pasamento de Dr. Manuel Díaz González

O sábado 26 e domingo 27, celebrarase no Incio (Lugo) diferentes actos conmemorativos do 75 aniversario do pasamento de Manuel Díaz González, coñecido como o "Pequeniño".

Manuel Díaz González, médico de profesión, foi paseado en setembro de 1936 na estrada Bóveda-Incio, no punto denominado "Casilla da Serra"-Eirexalba-Incio.

O programa é o que segue:

Día 26/11/2011
Hora: 16.30 horas
Lugar: Salón de actividades da Casa do Concello do Incio



Conferencia – coloquio coa intervención dos seguintes participantes:

Coordinador: Xosé Ramón Fandiño Veiga. Escritor e xornalista.

Poñentes:

Xosé Alvilares Moure. Teólogo e escritor.

Lourenzo Fernández Prieto.  Catedrático de Historia Contemporánea na USC e  director do Proxecto Interuniversitario  “Os Nomes, As Voces”).

Claudio Rodríguez Fer. Catedrático de Literatura na USC , poeta e estudoso da represión vinculada á Guerra Civil.

David Simón Lorda. Médico psiquiatra, estudoso da represión no colectivo médico en Galicia.

José Luis Díaz Gómez. Médico investigador da Universidade Nacional Autónoma de México e autor, entre outros, de dous libros sobre o homenaxeado do que é sobriño.



Día 27/11/2011
Hora: 11.00 horas
Lugar: Casa do Concello do Incio


Visita, en compañía da Sra. Alcadesa - presidenta do concello do Incio, membros da corporación municipal e familiares de don Manuel Díaz González, á mostra documental sobre o que foi médico municipal.


Hora: 12,00 horas
Lugar: Parque biosaudable de Cruz do Incio


Descubrimento do busto erixido en memoria do doutor Don Manuel Díaz González [1.886-1.936], O Pequeniño do Incio, en compañía de representantes municipais, familiares e público en xeral.
Actuación de gaiteiros do Incio con outros músicos e recital do poeta Claudio Rodríguez Fer.


Hora: 13,00 horas
Lugar: No castiñeiro da Casilla da Serra, ao pé da estrada que de Rubián conduce ao Incio


Descubrimento do monólito erixido en memoria do doutor Don Manuel Díaz González [1.886-1.936], O pequeniño do Incio, en compañía de representantes municipais, familiares e público en xeral. Con actuación de gaiteiros do Incio con outros músicos e breve recital do poeta Claudio Rodríguez Fer.

Gardado en Homenaxes 25 de novembro de 2011 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez