Actividade autoxestionada do Proxecto "Nomes e Voces"

O domingo día 12 de decembro na Sala 3 da Facultade de Ciencias da Comunicación, Andrés Domínguez Almansa, investigador do Proxecto "Nomes e Voces" propuxo unha actividade autoxestionada dentro do programa educativo do Foro 2010.

A actividade levou por título "Recursos didácticos para o estudo da represión franquista en Galicia, e consistiu nun obradoiro, no cal se acometeron varias actividades acomplementarias: 1) Presentación dos resultados do proxecto. 2) Presentación e valoración por parte de varios especialistas en pedagoxía. 3) Intervención dos asistentes, especialmente docentes.

A Web do Proxecto ofrece á comunidade educativa os produtos da investigación, de xeito que poda converterse nun útil de traballo na aula e unha nova vía de coñecemento. A propia Web e, especialmente, a base de nomes con todas as súas posibilidades é en si mesmo un instrumento cunha importante vocación didáctica, mediante a cal se poden levar a cabo diversas propostas de traballo: o coñecemento da represión no concello onde se encontra o centro de ensino; o coñecemento máis pormenorizado dunha vítima en particular; recoñecer os apelidos das vítimas e poñelos en relación coa comunidade do presente; a represión en función do xénero, idade ou grupos socio-profesionais.

Galería de imaxes

Gardado en Noticias 10 de decembro de 2010 | sen comentarios
Etiquetado como Educación

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez