Acordo de colaboración entre o Proxecto "Nomes e Voces" e a CRMH

Acordo de colaboración entre o Proxecto "Nomes e Voces" e a CRMH

O Proxecto "Nomes e Voces" ven de asinar coa Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) o acordo de colaboración para a realización de tarefas de investigación, asesoramento e redacción dunha publicación baseada no listado de mortos a causa da represión franquista da Coruña e comarca para o período 1936-1939.

Para as actividades recollidas na presente colaboración, constituirase unha Comisión de Estudo integrándoa por parte do Proxecto 'Nomes e Voces': os coordinadores Emilio Grandío e Dionisio Pereira, e o asesor Eliseo Fernández. Xunto a eles, representando á CRMH, Manuel Monge.

Este acordo instalase no marco da activa colaboración que ambas entidades manteñen, inaugurando no mes de decembro de 2010 a CRMH o 'Memorial ás vítimas do Franquismo', que recollía os nomes de vítimas de Coruña comarca cedidos polo Proxecto 'Nomes e Voces'.

Gardado en Noticias 24 de maio de 2011 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez