A Universidade portuguesa homenaxea aos seus docentes represaliados

O Instituto de História Contemporânea da Universidade Nova de Lisboa xunto ao Movimento Cívico Não Apaguem a Memória - NAM , a Fundação Pulido Valente e a  Fundação Mário Soares, organizan a Cerimónia de Homenagem aos docentes demitidos das universidades portuguesas durante o Estado Novo (1933-1974), nun acto quere ser homenaxe aos profesores e profesoras que foron sancionados, depurados e expulsados.

Un acto semellante ao que xa celebrara a Universidade de Santiago de Compostela no ano 2007, cando ofreceu unha homenaxe aos profesores, profesoras, persoal de administración e estudantado que sufriu as consecuencias da ola de violencia e vexacións iniciadas co Golpe de Estado de 1936.  Ducias de profesores e profesoras foron sancionados, depurados e expulsados como consecuencia da represión que seguiu á sublevación militar e que se prolongou máis alá da propia guerra civil durante o período de 1936 a 1942.

A homenaxe terá lugar o día 29 novembro, ás 18.00 horas, na reitoria da Universidade de Lisboa (Alameda da Universidade, Cidade Universitária, Lisboa), e integra as intervencións do ex Presidente da República entre 1986 e 1996, Mário Soares, e do Profesor António Ventura, da Faculdade de Letras da Universidade de Lisboa.

Gardado en Homenaxes 30 de novembro de 2011 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez