A recuperación da memoria presente no documental 'Vikingland', gañador do Play Doc 2012

A recuperación da memoria presente no documental 'Vikingland', gañador do Play Doc 2012

Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui finalizou coa entrega do primeiro premio ao director gardés Xurxo Chirro, como vencedor da sección oficial, pola súa obra "Vikingland". O filme conta co material filmado por Luis Lomba "O Haia", membro da tripulación do transbordador "Vikingland" que realiza o traxecto entre a cidade de Romo e a illa alemá de Sylt.

"Vikingland" é un mediometraxe que afonda no polémico concepto da memoria histórica. Neste punto a proposta é evidenciar un posicionamento do presente sobre acontecementos do pasado ilustrando o que dixo no seu día J. M. Straub: «Facer que as pedras sexan coma palabras e as palabras coma pedras». A pesar de que o título pode confundir en que se trata dun documental sobre a Guerra Civil española ou sobre a Ditadura, esta película vai alén diso e intenta amosar ao espectador a dificultade de lembrar, o mecanismo de selección de recordos, a natureza do esquecemento, a instrumentalización política da memoria, a fraxilidade das lembranzas, a convivencia co pasado, o proceso rememorativo, a escritura tendenciosa da Historia, a resistencia documental e da emerxencia do carácter fantasmal do cinema.

Para saber máis
Gardado en Premios 2 de abril de 2012 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez